Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun taller mecánico de maquinaria agrícola de uso propio nos Currás (Gondaísque).

Francisco Purriños Miragaya, con DNI 76575602-T, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller mecánico de maquinaria agrícola de uso propio, que se situará no lugar dos Currás, n.º 3, Gondaísque (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 26 de marzo de 2012.

Gerardo Criado Guizán
Alcalde