Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da Travesía de Pino, número 6 (expediente 13281/421).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 27 de febreiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da Travesía de Pino n.º 6, promovido pola mercantil Promociones Bonafides, S.L., redactado pola arquitecta Mar Martínez Boga, con visado colexial do 28.2.2011.

Segundo. Comunicar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o presente acordo, xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, sobre os que recaeu o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar o dito estremo.

Terceiro. Publicar o presente acordo no DOG no prazo dun mes desde a súa adopción, facendo constar no anuncio a remisión da documentación indicada no punto anterior á consellería, e publicar no documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial de Pontevedra; así mesmo, publicarase na páxina da internet do Concello de Vigo.

Cuarto. Notificar o contido íntegro deste acordo aos interesados, entre os cales se contarán as comunidades de propietarios dos edificios da avda. Alcalde Gregorio Espino n.º 8 (esquina Travesía de Pino) e Telefónica de España, S.A. (rúa Urzáiz, n.º 133), con indicación de que pon fin á vía administrativa e que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a data da notificación, sen prexuízo de calquera outro que estimen oportuno».

Mediante o presente anuncio faise constar que a documentación sobre a que recaeu o acordo de aprobación definitiva, foi remitida, por oficio do 12 de marzo de 2012, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ao abeiro do establecido no artigo 92.3 da LOUGA.

Vigo, 12 de marzo de 2012.

María del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos