Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha balsa de almacenamento de xurro en Nercellas-Pereira (expediente AC-9/11-735).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-9/11-735, que se tramita neste concello por instancia de Manuel Míguez Filloy, para a instalación dunha balsa para almacenamento de xurro na veiga Pica, no lugar de Nercellas (Pereira), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán, unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 27 de marzo de 2012.

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa