Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de exposición pública polo que se convocan dúas prazas da subescala de xestión de administración xeral pola quenda de promoción interna.

O Concello de Outes anuncia a antedita convocatoria, no marco da oferta de emprego público da Corporación de 2011, con suxeición ás bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 26 de febreiro de 2012 (publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña n.º 66, do 4 de abril). O resumo das bases é o seguinte:

Primeira. Obxecto da convocatoria.

É obxecto desta convocatoria a provisión de dúas prazas vacantes de funcionarios de carreira da escala de Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, que se inclúen na oferta de emprego público de 2011, polo procedemento de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

Segunda. Principio de igualdade de tratamento.

As convocatorias cumprirán o principio de igualdade de tratamento entre homes e mulleres no acceso ao emprego público.

Terceira. Requisitos dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas cómpre:

a) Ser español, nacional doutro Estado membro da Unión Europea, cónxuxe dos anteriores que non estea separado de dereito, ou descendentes dos anteriores que sexan menores de idade ou maiores e dependentes deles. Tamén poden participar as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais convidos pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa aplicable a libre circulación de traballadores.

b) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Pertencer ao grupo C1, como persoal funcionario de carreira do Concello de Outes e ter unha antigüidade no citado grupo de cando menos dous anos nesta corporación o día de finalización do prazo de presentación de instancias.

d) Estar en posesión do título de diplomado universitario ou equivalente.

e) Posuír capacidade funcional para desempeñar as tarefas propias dos postos de traballo. As persoas con discapacidade deberán facelo constar na solicitude e sinalar se precisan adaptacións para realizar as probas.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ás administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por resolución xudicial.

Cuarta. Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos procesos de selección dirixirán a súa solicitude ao alcalde do Concello de Outes, na que farán constar que reúnen todos os requisitos citados na base terceira anterior. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2. Achegaranlle á solicitude os documentos acreditativos dos méritos alegados que sexan puntuables segundo estas bases, fotocopia adverada do DNI e do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega Celga IV ou equivalente.

Quinta. Admisión de aspirantes.

Tras o remate do prazo de presentación de solicitudes, o alcalde aprobará a lista provisoria de admitidos e excluídos que se publicará no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos da casa do concello. Os interesados disporán dun prazo de dez días para reclamacións.

Sexta. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguintes méritos:

a) O tempo de servizos prestados no Concello de Outes como funcionario ou en réxime laboral: 0,30 puntos por ano, ata un máximo de 4,00 puntos.

b) Os cursos de formación e perfeccionamento profesional realizados que teñan relación coas funcións do posto de traballo e fosen impartidos polas administracións públicas ou homologados por elas: 0,15 puntos por cada tramo de 20 horas de duración ata un máximo de 3,00 puntos.

c) O currículum e a experiencia profesional dos aspirantes, a cualidade do traballo desenvolto e o nivel dos programas que dirixiron ou nos que participaron. Serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 3,00 puntos.

Segundo. Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ao presentar a solicitude de admisión ás probas.

Sétima. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, por escrito, contestar brevemente nun período máximo de sesenta minutos, un cuestionario de trinta preguntas sobre temas do programa e no que se avaliará o coñecemento específico deste.

Segundo exercicio, por escrito, desenvolver durante o tempo máximo de dúas horas un tema do programa, que será escollido polo aspirante entre dous propostos polo tribunal ao principiar a proba.

Terceiro exercicio, práctico, analizar e resolver durante un tempo máximo de dúas horas un suposto relacionado co contido das tarefas do posto de traballo, que será escollido polo aspirante entre dous propostos polo tribunal ao principiar a proba.

Os tres exercicios serán obrigatorios e eliminatorios e avaliaranse de 0 a 10 puntos e en cada un deles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 para aprobalos.

Oitava. Tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador do proceso selectivo estará constituído por funcionarios públicos de carreira e na súa designación tenderase á paridade entre o home e a muller.

2. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presenza cando menos de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

3. Os membros do tribunal absteranse de interviren e comunicaranllo á autoridade convocante cando concorra algunha das circunstancias que prevé o artigo 28.2 da LAP. Os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal de concorreren aquelas circunstancias.

Novena. Desenvolvemento das probas selectivas e programa.

1. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento e serán excluídos da oposición os que non comparezan, non sendo nos casos debidamente xustificados que avaliará libremente o tribunal.

2. O tribunal poderá exixir en calquera momento do proceso selectivo a acreditación da identidade dos aspirantes.

Décima. Relación de aprobados.

1. Concluída a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación. O número de aspirantes aprobados non pode superar en ningún caso o de prazas convocadas, polo que a relación definitiva de aprobados soamente conterá os aspirantes que, superados todos os exercicios obrigatorios, obteñan máis puntuación global.

2. O tribunal remitiralle a citada relación á Xunta de Goberno Local para os efectos do correspondente nomeamento.

Outes, 9 de abril de 2012.

Carlos E. López Crespo
Alcalde