Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1272/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1272/2009, deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga María Daviña Rodríguez, contra a empresa Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, Aula Cooperativa de Información y Cultura, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza do 30.3.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Olga María Daviña Rodríguez fronte a Aula Cooperativa de Información y Cultura, o seu administrador concursal, a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno solidariamente a Aula Cooperativa de Información y Cultura e a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia a aboar á demandante a cantidade de 11.283,15 euros, co 10% de xuro de demora, debendo responder destas o administrador concursal, unicamente na devandita condición.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aula Cooperativa de Información y Cultura, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

O secretario xudicial