Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (683/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 683/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Macarena Vidal Piñeiro contra a empresa Manuel José Blanco Sayáns, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Dispoño:

1. Aclarar a sentenza ditada o 26 de agosto de 2011 nos seguintes termos:

No ditame deberase engadir que a empresa demandada debe ser condenada a readmitir a traballadora no seu posto habitual de traballo nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou, a elección daquel, a que lle aboe a indemnización cuxas cantidades e termos figuran no ditame.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso ningún distinto ao que, se é o caso, poida interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel José Blanco Sayáns, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

A secretaria xudicial