Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (21/2008).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Betanzos, 15 de novembro de 2010.

Vistos por Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta vila, estes autos de xuízo ordinario 21/2008, seguidos por instancia de Ángel Martínez Vilariño, representado polo Sr. Pedreira del Río, baixo a asistencia letrada do Sr. Iglesias Ninno, contra os herdeiros incertos e descoñecidos de Antonio Martínez Vilariño e herdeiros incertos e descoñecidos de Andrés Martínez García, que non comparecen.

Resolvo que se estima a demanda presentada por Ángel Martínez Vilariño, representado polo Sr. Pedreira del Río, baixo a asistencia letrada do Sr. Iglesias Ninno, contra os herdeiros incertos e descoñecidos de Antonio Martínez Vilariño e os herdeiros incertos e descoñecidos de Andrés Martínez García, e declárase que adquiriu a propiedade por usucapión extraordinaria dos predios obxecto do informe pericial que consta en autos.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así o acorda, manda e asina, Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Martínez Vilariño e dos herdeiros descoñecidos e incertos de Andrés Martínez García, expídese esta cédula para que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 2 de maio de 2011.

O/A secretario/a