Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e o pagamento dos depósitos previos dos bens afectados pola obra Proxecto modificado número 1: eixo de comunicacións A-52 - Fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 - Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1-M1, termos municipais de Celanova, A Merca, Verea e San Cibrao das Viñas.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2009, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes adxudicou o contrato de concesión de obra pública para a construción da obra «Eixo de comunicacións A-52 - Fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 - Celanova sur», clave OU/01/101.01.75.1 e «Eixo de comunicacións A-52 - Fronteira portuguesa. Treito Celanova sur-Fronteira portuguesa», clave OU/01/101.01.75.2.

A sociedade Autoestrada Ourense Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia, Sociedade Anónima, asume as facultades e obrigas previstas para o beneficiario da expropiación forzosa establecidas no artigo 5.2.º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, correspondendo a potestade expropiatoria á Xunta de Galicia.

Con data do 8 de outubro de 2009, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 396/2009, publicado no Diario Oficial de Galicia, do 22 de outubro de 2009.

Con data do 11 de novembro de 2011, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, aprobou o «Proxecto modificado número 1: Eixo de comunicacións A-52 - Fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 - Celanova sur», clave OU/01/101.01.75.1-M1.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Celanova, A Merca, Verea e San Cibrao das Viñas, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal da Merca.

Lugar: Casa da Cultura (Concello da Merca).

Data: 28 de maio de 2012, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

Termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Lugar: centro social (Praza da Constitución número 3 – San Cibrao das Viñas).

Data: 28 de maio de 2012, ás nove horas trinta minutos.

Termo municipal de Verea.

Lugar: Casa do Concello de Verea (Lugar de Carballo-Verea).

Data: 28 de maio de 2012, ás once horas.

Termo municipal de Celanova.

Lugar: local antiga biblioteca municipal da Casa do Concello de Celanova.

Data: 29 de maio de 2012, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Celanova, A Merca, Verea e San Cibrao das Viñas e no Servizo Provincial de Ourense (Saenz Díez número 1, 32003 Ourense).

A este acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, á súa custa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e até o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este servizo provincial, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do regulamento da Lei de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu tamén proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para os termos municipais de Celanova, A Merca, Verea e San Cibrao das Viñas, con motivo das obras de referencia, o cal terá lugar:

Termo municipal da Merca.

Lugar: Casa da Cultura (Concello da Merca).

Data: 18 de xuño de 2012, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

Termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Lugar: centro social (Praza da Constitución número 3 – San Cibrao das Viñas).

Data: 18 de xuño de 2012, ás nove horas trinta minutos.

Termo municipal de Verea.

Lugar: Casa do Concello de Verea (Lugar de Carballo-Verea).

Data: 18 de xuño de 2012, ás once horas.

Termo municipal de Celanova.

Lugar: local antiga biblioteca municipal da Casa do Concello de Celanova.

Data: 19 de xuño de 2012, das nove horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público, para xeral coñecemento, advertindo os interesados de que o pagamento se fará precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado; non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto xuntando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

Ourense, 10 de abril de 2012.

Por suplencia (Resolución do secretario xeral técnico da C.M.A.T.I. do 25.1.2012)
Uxío Solla Fontán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense