Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16655

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fan públicos varios acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG número 221, do 18 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Rexeitar as reclamacións presentadas contras as puntuacións do segundo exercicio, publicadas pola Resolución do 15 de marzo de 2012 (DOG número 58, do 23 de marzo).

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o segundo exercicio exentos da realización do terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Alfonso Blasco García
Presidente do tribunal