Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16340

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de abril de 2012 pola que se exclúe unha das aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 144, de 28 de xullo).

En virtude da Resolución do 9 de novembro de 2011 (DOG n.º 218, do 15 de novembro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Iniciada a tramitación do proceso selectivo ao abeiro da base II.1.2.9, requiriuse a os/ás participantes os documentos acreditativos de estar en posesión da titulación exixida, ou en condicións de obtela, o día de finalización do prazo de participación.

A documentación remitida pola aspirante María del Carmen López Otero non acredita que esta estivese en posesión da titulación, ou en condicións de obtela, o día de finalización do prazo de presentación de instancias.

En atención ao anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Excluír a aspirante María del Carmen López Otero, NIF n.º 33333847-Q, do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG n.º 144, do 28 de xullo).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados dende a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda