Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (expediente LAP/158/2011).

Daviña solicitou licenza de apertura para nave destinada a montaxe e instalacións eléctricas en Vía Faraday n.º 19, do polígono do Tambre, Santiago de Compostela (A Coruña).

Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/158/2011 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica