Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle en Campo da Mámoa-Furelos (Melide).

Aprobado inicialmente con data do 1 de marzo de 2012 o estudo de detalle redactado pola arquitecta María Alba López Barreiro, e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 3 de abril de 2008, referente a estudo de detalle para ordenación de seis vivendas pareadas no lugar de Carril e Campo da Mámoa Furelos, Melide (propiedade: Promociones Constantino Rial, S.L.).

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno local do 1 de marzo de 2012 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Melide, 28 de marzo de 2012.

María Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa