Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública sobre actividade de lavado-engraxamento e taller de pneumáticos no polígono industrial (primeira fase, parcelas 7A e 8A, nave 3).

José Manuel Méndez González, con DNI 76574269-R, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura de lavado-engraxamento e taller de pneumáticos que se instalará no polígono industrial 1.ª fase, parcelas 7A e 8A, nave 3. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría desde concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rábade, 10 de abril de 2012.

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde