Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de exposición pública do estudo de detalle da urbanización Residencial Golf Domaio.

Aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno do 30 de marzo deste ano, o estudo de detalle da urbanización Residencial Golf Domaio, promovido pola Xunta de Compensación U.E. Residencial Golf Domaio S.A.U. A-7, redactado polo arquitecto Francisco Márquez Taín, sométase a información pública, mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia, e no Faro de Vigo, polo prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de toda persoa física ou xurídica que queira consultalo e, se é o caso, deducir alegacións, na Secretaría do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, para todos os propietarios e demais interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados individualmente ou intentada a súa notificación non se puider practicar.

Moaña, 2 de abril de 2012.

José Fervenza Costas
Alcalde