Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre actividade de venda de comida elaborada no Milladoiro.

Bar Restaurante Maracaná, S.L.L. solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar a actividade de venda de comida elaborada na avenida Rosalía de Castro, 31, baixo, do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 22 de febreiro de 2012.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde