Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública de apertura de escola de música.

Sergio González Taboas solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar a actividade de escola de música na avenida da Maía, 20, baixo, 2, Bertamiráns.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, DOG do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, e segundo a Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente en Urbanismo, no departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 5 de setembro de 2011.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde