Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16068

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de bolsas de procesamento de sangue de cordón umbilical con bolsa de conxelación para esta fundación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Fundación.

c) Número de expediente: AB-FCT1-12-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de bolsas de procesamento de sangue de cordón umbilical con bolsa de conxelación, para a Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega: os indicados no seu momento pola dirección do centro.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a data da sinatura do contrato.

e) Duración do contrato: 24 meses desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: total contratación: 210.656,25 € (IVE non incluído).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Domicilio: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfonos: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día 1 de xuño de 2012.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 1 de xuño de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).

b) Dirección: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante e notificadas telematicamente aos licitadores admitidos.

10. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 23 de abril de 2012.

13. Páxina web onde obter información relativa a convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica de la Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia