Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16067

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Vilarmaior en materia de recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo municipal de saneamento.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de outubro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«18. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Vilarmaior en materia de recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo municipal de saneamento.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Vilarmaior en relación coa seguinte materia:

– Recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo municipal de saneamento.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta 2.ª Provincial da Coruña