Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15855

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 10 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2012.

De conformidade co plan de traballo iniciado no ano 2010, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fai pública unha nova convocatoria de axudas, destinadas ás pequenas e medianas empresas da nosa Comunidade Autónoma, coa finalidade de favorecer o establecemento de patróns sustentables de produción e consumo que evidencien que crecemento económico e protección do ambiente non son conceptos necesariamente desvencellados, senón que, pola contra, nestes últimos anos se ten constatado que os investimentos das empresas en materia ambiental acaban converténdose nunha vantaxe competitiva e traen consigo un beneficio, non só para o ambiente e a sociedade en xeral, senón tamén para as propias empresas, en aspectos tales como aforro de recursos, prevención e xestión axeitada dos seus residuos e prevención de riscos ambientais.

Apoiar as empresas na procura de respostas aos retos e oportunidades asociadas á innovación ambiental é o que se persegue coa presente orde de axudas destinada, dentro das competencias asumidas por esta consellería, a fomentar a realización por parte das empresas de actuacións e investimentos encamiñados, con carácter prioritario, á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, prestando a súa colaboración económica aos proxectos realizados polo sector empresarial galego en materia de cambio climático, xestión dos recursos e dos residuos, implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (Eco-Management and Audit Scheme, EMAS) así como aqueles que teñan por obxecto a realización de estudos de análise de riscos ambientais.

Cómpre sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (CE) n.º 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional; no Regulamento 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión así como no Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006.

As actuacións subvencionables están incluídas, segundo a distribución que se sinala a continuación, no eixe 2, categoría de gasto 06, actuacións 1 a 5, do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013:

a) Investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire: 2.06.4.

b) Investimentos das empresas destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos: 2.06.1.

c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais: 2.06.3.

d) A implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS): 2.06.2.

De conformidade co previsto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, esta é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponde, entre outras, o exercicio das competencias e funcións en materia de ambiente, consonte o disposto no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución.

Pola súa banda, segundo se sinala no citado decreto, a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa posta en marcha para o logro da adecuada protección ambiental e o desenvolvemento de estudos e informes en materia de ambiente.

En consecuencia, procédese pola presente a facer públicas as bases reguladoras e a convocatoria destas axudas, para o ano 2012, destinadas a subvencionar as actuacións que se sinalan no ámbito das competencias atribuídas a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental coa finalidade de mellorar as condiciones ambientais e acadar un desenvolvemento sustentable na comunidade autónoma de Galicia.

En virtude do anterior, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade.

Esta orde ten por obxecto regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer publica para o ano 2012 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.

Artigo 2. Beneficiarios.

1. Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no que desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.

En particular, para a realización de estudios de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarios unicamente as pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, desenvolvan algunha das actividades enumeradas no anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.

2. Considerarase pequena e mediana empresa (peme) a que se axuste á definición que desta ofrece o Regulamento (CE) n.º 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214/3, do 9 de agosto), no seu anexo I, e que entende por tal aquela entidade que, independentemente da súa forma xurídica e sempre que estea validamente constituída no momento da presentación da solicitude, exerza unha actividade económica, salvo as que teñan a consideración de entidades sen ánimo de lucro que quedan excluídas desta convocatoria.

Dentro deste concepto de empresa, as pequenas e medianas empresas defínense e subdivídense, a súa vez, segundo se indica a continuación:

– Mediana empresa, a que empregue a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non exceda de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non exceda de 43 millóns de euros.

– Pequena empresa, a que empregue a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non exceda de 10 millóns de euros.

– Microempresa, aquela que conte con menos de 10 empregados, cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non exceda de 2 millóns de euros.

Será necesario que a empresa solicitante reúna ambos requisitos (número de persoas empregadas e volume de negocios ou balance xeral anuais) para que poida considerarse peme.

Neste sentidoo, cómpre sinalar que para o cálculo destes requisitos se terá en conta o establecido nos artigos 3, 4, 5 e 6 do anexo I do Regulamento 800/2008, antes citado, especialmente no tocante ás nocións de empresa autónoma, asociada e vinculada.

3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no punto 2 deste artigo, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o que se solicita a axuda deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán concorrer na presente convocatoria as persoas físicas ou xurídicas sancionadas por faltas graves ou moi graves ou condenadas por delito como consecuencia do incumprimento da normativa ambiental ata que, se é o caso, cumpran a condena ou sanción e executen as medidas correctoras pertinentes, se é o caso, ou transcorran os prazos de prescrición correspondentes.

5. Quedarán excluídas aquelas persoas ou empresas incursas nalgún dos supostos recollidos no artigo 10.2.º e 3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Réxime xurídico, principios de aplicación e compatibilidade coa normativa comunitaria.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Así mesmo, axustaranse ao establecido nas disposicións que se sinalan:

– A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

– Regulamento (CE) n.º 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

– Regulamento 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

– Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, de 8 de decembro de 2006, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006.

– Regulamento (CE) n.º 1998/2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado do CE (na actualidade artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea) ás axudas de minimis (publicado no DOUE L 379/5, do 28 de decembro). Quedan suxeitas a este réxime todas a axudas concedidas ao abeiro desta orde.

– Regulamento (CE) n.º 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (na actualidade artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea), Regulamento xeral de exención por categorías (publicado no DOUE L 214/3, do 9 de agosto de 2008) que se ten en conta no tocante á definición de peme.

Supletoriamente, tamén resultan de aplicación:

– A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– O Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Así como as demais normas citadas nesta orde e aqueloutras que resulten de aplicación.

Artigo 4. Actuacións subvencionables.

1. As actuacións ás que van destinadas estas axudas refírense á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.

2. En particular, serán actuacións subvencionables as seguintes:

a) Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire:

a.1. Investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI) considerados polo Protocolo de Kyoto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6).

Con carácter xeral, teñen cabida neste punto, entre outros: os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións a atmosfera de GEI, os investimentos para a mellora da eficiencia enerxética en calquera ámbito da actividade da entidade así como os investimentos para a substitución do tipo de combustible empregado pola entidade que implique modificacións de equipos e/ou instalacións sempre e cando supoñan unha redución de GEI.

De xeito máis específico, son actuacións subvencionables as seguintes:

1. A elaboración de plans de cambio climático que propoñan unha estratexia de redución e/ou compensación de emisións baseados no cálculo das emisións de GEI ou (pegada de carbono) da organización ou dalgún dos seus produtos.

2. Inveestimentos en substitución de equipos e instalacións consumidoras de enerxía por equipos e instalacións que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia, a mellor tecnoloxía dispoñible ou que supoñan un aproveitamento de enerxías renovables (solar, térmica, fotovoltaica, emprego de biomasa como combustible, …), co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2.

3. Mellora do illamento térmico dos edificios existentes que implique unha redución da demanda enerxética de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións sobre a súa envolvente térmica.

4. Mellora das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria nos edificios existentes.

5. Mellora da eficacia enerxética das instalacións de iluminación interior e exterior dos edificios existentes que se renoven, tales como:

– Luminarias, lámpadas e equipo: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación.

– Sistemas de control de acendido e regulación do nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural que supoñan un aforro eléctrico.

– Cambio de sistema de iluminación: relocalización dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

6. Medidas destinadas a favorecer a determinación do potencial e emprego da coxeneración (tales como estudos de viabilidade dirixidos a promover novas plantas de coxeneración, auditorías enerxéticas das coxeneracións xa existentes ou pequenas plantas de coxeneración de pequena potencia).

7. Investimentos para a substitución ou adaptación do vehículo para o transporte de mercadorías (sempre e cando, tratándose de transporte de mercadorías por estrada, este se realice por conta propia) ou pasaxeiros que supoñan unha redución de emisións polo emprego de enerxías alternativas (tales como gas natural, propano, electricidade).

8. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

a.2. Investimentos que supoñan unha mellora da calidade do aire e/ou unha redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI.

Aos efectos da presente orde entenderase por:

• «Aire»: o aire ambiente segundo a definición que del ofrece o Real decreto 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire, é dicir, o aire exterior da baixa troposfera, excluídos os lugares de traballo.

• «Emisións distintas dos GEI»: as emisións doutros contaminantes atmosféricos distintos do GEI segundo o establecido no Real decreto 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire así como na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

En particular, serán actuacións subvencionables:

– Os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións a atmosfera distinta dos GEI.

– Os investimentos para a mellora da seguridade das plataformas de medicións en focos e mellora e adquisición de equipos de medición en continua, SAM.

– Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

a.3. Investimentos dirixidos á redución do ruído. Poderán acollerse ás axudas, os inveestimentos que impliquen unha minimización da contaminación acústica co fin de acadar os obxectivos de calidade acústica da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, tales como: a restauración ou substitución de carpinterías, a instalación de dobres carpinterías en fachadas e dobres portas ou a mellora da envolvente de illamento acústico.

b) Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos. Recóllense neste punto os investimentos que dean lugar a:

b.1. Unha reutilización de produtos ou materiais empregados.

b.2. Unha redución da cantidade de residuos industriais ou comerciais xerada.

b.3. Unha axeitada separación en orixe dos residuos xerados.

b.4. A reciclaxe ou calquera outra forma de aproveitamento posterior dos residuos xerados pola entidade.

b.5. A introdución de mellores tecnoloxías aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos.

b.6. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais. Recóllense aquí aquelas actuacións relacionadas coa realización de estudos de análise de riscos ambientais en instalacións industriais, de conformidade co disposto polo Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.

d) A implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS) segundo o recollido no Regulamento (CE) n.º 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) n.º 761/2001 e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión. Serán actuacións subvencionables ao abeiro deste punto:

d.1. Os traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da entidade solicitante.

d.2. Os traballos de verificación e validación que sexa necesario realizar para a renovación no rexistro cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

Cómpre sinalar que, en relación con esta letra d), non se considerarán actuacións subvencionables as medicións, análises e estudos.

3. As axudas establecidas nesta orde para a realización das actuacións subvencionables descritas neste artigo están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado CE (DOUE L379, do 28 de decembro).

Polo tanto a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte pola estrada.

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, do 17 de decembro de 1999, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e acuicultura.

b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.

c) Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

d) Carbón, segundo se define no Regulamento (CE) 1407/2002 do Consello, do 23 de xullo de 2002, sobre as axudas estatais á industria do carbón.

e) Empresas en crise.

No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderán concederse axudas para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

Artigo 5. Solicitudes e prazos.

1. As solicitudes, segundo modelo normalizado que se xunta como anexo I e acompañadas da documentación que sinala, deberán ir dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e poderán ser presentadas en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común así como ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia mediante sinatura electrónica do/a representante legal da entidade solicitante, tendo que cumprir os requisitos de presentación electrónica que se definen no punto seguinte, en aplicación do establecido no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Ao Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia accédese a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es, directamente ou tamén a través do portal www.xunta.es

Os requisitos para a presentación electrónica son os seguintes:

– Será necesario que o/a presentador/a da solicitude sexa a persoa física que posúa a representación legal da entidade solicitante e como tal figure identificado/a nos formularios normalizados de solicitude.

– O/a presentador/a deberá posuír algún dos seguintes certificados:

a) DNI electrónico, conforme o disposto no Real decreto 1586/2009, do 16 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 1553/2005, do 23 de decembro, polo que se regula a expedición do documento nacional de identidade e os seus certificados de sinatura electrónica.

b) Certificado electrónico en vigor baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, conforme o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

c) Calquera outro certificado dixital aceptado polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

Os certificados deben ter exclusivamente atributos de persoa física pola que se acredita a vontade da dita persoa física e non serán válidos aqueles certificados electrónicos que ademais están vinculados a persoas xurídicas xa que a vontade da persoa xurídica está limitada nestes certificados a un determinado alcance, por exemplo, para fins tributarios.

2. Serán admisibles as solicitudes presentadas por unha mesma empresa que, cumprindo o establecido nestas bases reguladoras, teñan por obxecto proxectos e finalidades distintas.

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Documentación xeral que hai que presentar.

Os interesados na obtención destas axudas deberán presentar, xunto co escrito de solicitude antes referido, a documentación que se sinala a seguir. Cando se presente a través do rexistro electrónico estes documentos achegaranse en copias dixitalizadas anexados á solicitude.

1. Acreditación da personalidade:

a) Persoas xurídicas:

– Orixinal ou copia compulsada da certificación rexistral en que conste a súa constitución e os estatutos vixentes ou, se é o caso, documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.

– Orixinal ou copia compulsada do documento acreditativo do poder co que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación antes mencionada.

– Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade (DNI) do representante legal da entidade, salvo que no escrito de solicitude se autorice a esta administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG n.º 221, do 13 de novembro).

– Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.

b) Persoas físicas:

– Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade (DNI) do titular ou titulares solicitantes ou do seu representante, se for o caso, salvo que no escrito de solicitude se autorice a esta Administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG n.º 221, do 13 de novembro).

2. Declaración segundo modelo que se achega como anexo II na que se faga constar a condición de pequena ou mediana empresa, de acordo co estipulado no anexo I do Regulamento CE núm. 800/2008, do 6 de agosto de 2008, sobre a definición de peme (DOUE L 214, de 9.8.2008). No caso que a empresa solicitante teña a consideración de asociada ou vinculada, para os efectos do citado regulamento, deberase acompañar esta declaración dun informe no que se sinalen os datos e cálculos empregados para a determinación dos requisitos de efectivos e importes financeiros requiridos, de conformidade co establecido nesta disposición comunitaria.

3. Declaración, segundo o modelo do anexo III, no que se especifique calquera outra axuda solicitada ou concedida para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes así como ás sometidas á norma comunitaria de minimis, recibidas no exercicio corrente e nos dous exercicios fiscais anteriores.

4. Segundo o establecido no paragrafo terceiro do artigo 20.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a presentación da solicitude polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor destas axudas para solicitar as certificacións de non ter débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Non obstante o disposto no punto anterior, o solicitante poderá denegar, expresamente, na solicitude, o consentimento para que a Secretaría Xeral solicite dos anteditos órganos a certificación acreditativa de tales requisitos.

Neste caso, abondará con presentar, xunto coa solicitude, unha declaración responsable (anexo IV) de que non se ten débedas coa Facenda autonómica e de que se está ao día no cumprimento das obrigas fiscais coa Facenda estatal e coa Tesourería da Seguridade Social, pero antes da proposta de resolución e do pagamento, deberá acreditar os devanditos aspectos a través dos respectivos certificados.

Artigo 7. Documentación técnica relativa á actuación obxecto da solicitude.

1. Os proxectos presentados deberán conter unha descrición clara das actividades que se desenvolverán, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para ás que se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir:

a) No caso de investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire:

a.1. Tratándose de investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI), deberase presentar un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña os extremos seguintes:

1) Unha memoria técnica que inclúa, como mínimo, os seguintes puntos:

• Breve descrición da actividade que se vai realizar indicando a redución das emisións de GEI calculadas en toneladas equivalentes de CO2 e realizando unha comparativa entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento), con referencia expresa ás fórmulas empregadas así como aos factores de emisións, factores de oxidación, utilizados para o cálculo da redución das emisións de GEI que poderán efectuarse tendo en conta:

– A última edición publicada do inventario de emisións de gases efecto invernadoiro de España.

– Os datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

– Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

– Outra fonte que se especifique pero que deberá ser validada pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación.

• Calendario de prazos e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.

2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

a.2. No caso de investimentos en materia de calidade do aire e/ou redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI, será preciso presentar un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña:

1) Memoria técnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

– Breve descrición do proxecto que se vai realizar indicando a redución das emisións distintas dos GEI, expresadas en quilogramos/ano e realizando unha comparativa entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento).

– Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.

2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

a.3. No caso de investimentos en materia de contaminación acústica:

1) Unha memoria técnica que inclúa:

– Proxecto integral de illamento acústico, actuacións, cálculos e medidas da redución de ruído, compromiso de cumprimento dos obxectivos de calidade acústica descritos na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

– Calendario e prazo de execución do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.

2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos. Neste orzamento incluirase a contía correspondente ao estudo acreditativo dos anteditos obxectivos de calidade acústica que se realizará por un Organismo de Control Autorizado (OCA) pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. No seguinte enderezo pódese consultar a relación de empresas ou entidades homologadas para o control da contaminación acústica e vibracións: http://siam.medioambiente.xunta.es/ruido/listado.jsp

b) En materia de xestión dos recursos e dos residuos, os proxectos deberán considerar un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña:

1) Memoria técnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

– Breve descrición do proxecto.

– Identificación do centro onde se vai realizar a actuación.

– Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.

– Punto no que se sinale o procedemento ou sistema que permita efectuar un seguimento e avaliación dos obxectivos propostos e/ou facer unha comparativa entre a situación de partida e a existente unha vez realizado o investimento para o que se solicita a axuda.

2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

c) No tocante aos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais, presentarase unha análise, de non máis 20 páxinas de extensión, realizada polo operador ou un terceiro contratado por este, seguindo o esquema da norma UNE 150.008 ou outras equivalentes, que deberá contemplar o seguinte:

1) Memoria técnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

– Breve descrición do estudo de análise de risco ambiental.

– Identificación do responsable técnico da elaboración do estudo.

– Informe que indique claramente a situación da empresa, con mapas, coordenadas UTM, diagrama de procesos, distancia a espazos naturais próximos.

– Certificado que acredite se ten un EMAS ou unha ISO 14001.

– Documento que conteña unha lista da cantidade e perigo dos produtos que almacenan, producen e/ou manipulan.

– Avaliación dos obxectivos propostos.

2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

d) Para a implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS), será necesaria a presentación dun estudo que non supere as 20 páxinas de extensión que considere:

1) Unha memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver e que, como mínimo, inclúa os puntos seguintes:

– Avaliación ambiental da instalación.

– Política ambiental a seguir (compromiso de mellora continuada, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria).

– Cronograma que detalle os pasos a seguir tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.

– Indicación expresa de posesión dalgún sistema de xestión ambiental. No caso da ISO 14001 acompañarase copia compulsada do certificado acreditativo emitido pola correspondente entidade de certificación.

– Beneficios ambientais esperados.

2) Orzamento detallado cos gastos subvencionables requiridos.

3) Breve descrición da actividade principal da empresa indicando a epígrafe segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) referido a dita actividade.

2. Para os efectos do establecido no artigo 15, en relación coa xustificación da axuda outorgada, deberase ter en conta, se é o caso, na elaboración do orzamento presentado o custo que se derivaría da conta xustificativa con informe de auditor, en particular, polo que se refire á subvencionabilidade do mesmo segundo o sinalado no artigo 13, punto 3.º destas bases reguladoras.

3. Así mesmo, ademais do sinalado con anterioridade, a entidade solicitante deberá remitir calquera outra documentación que considere oportuna aos efectos do establecido no artigo 10 desta orde, co fin de que a comisión de avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e prelación das solicitudes presentadas.

Artigo 8. Procedemento de concesión.

O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será o concorrencia competitiva recollido no artigo 19, punto 1.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Período subvencionable e contía das axudas.

1. O período subvencionable para a convocatoria que se abre por medio desta orde abarcará os gastos relativos ás actuacións subvencionables a que se refire o artigo 4 realizados pola entidade solicitante:

– Entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de novembro de 2012, ambos inclusive, para as seguintes actuacións subvencionables:

• Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, punto 2.º, letra a).

• Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2.º, letra b).

• Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2.º, letra c).

– Entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de xuño de 2012, ambos inclusive, para as actuacións incluídas no punto:

• Implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental – EMAS (art. 4, punto 2.º, letra d).

2. As contías das subvencións para as distintas liñas de axudas a outorgar pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas serán as seguintes:

a) Para a investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera e mellora da calidade física e química do aire:

– Ata un 90% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 150.000 €, salvo no caso de proxectos en materia de redución do ruído respecto dos cales a contía máxima de axuda non poderá superar os 100.000 €.

b) Para investimentos das empresas solicitantes destinadas á xestión dos recursos e dos residuos:

– Ata un 90% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 150.000 €.

c) Para a realización dos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais:

– Ata un 60% do custo do análise de risco ambiental, cun límite máximo de 10.000 €.

d) Para a implantación e mantemento do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS):

– Ata un 60% do custo da implantación e verificación, para os beneficiarios que realicen a implantación e inscrición no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental, sempre que non partan dunha norma ISO 14.001 ou supoña unha ampliación do ámbito ou alcance do sistema de xestión e auditoría ambientais, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 40 puntos: 3.000 euros.

• Entre 41 e 80 puntos: 4.000 euros.

• Máis de 80 puntos: 5.000 euros.

– Ata un 60% do custo da implantación e verificación cando a entidade parta dunha norma ISO 14.001 ou supoña unha ampliación do ámbito ou alcance do sistema de xestión e auditoría ambientais así como cando se trate de verificación para a renovación do rexistro, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 30 puntos: 1.000 euros.

• Entre 31 e 65 puntos: 2.000 euros.

• Máis de 65 puntos: 3.000 euros.

Artigo 10. Criterios de valoración.

1. A comisión de avaliación, a que se refire o artigo 11 desta orde, valorará as solicitudes presentadas aplicando os criterios e puntuacións que a seguir se sinalan para cada un dos grupos de actuacións subvencionables recollidos:

a) No caso de investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire:

a.1. Tratándose de investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI):

1) Pola eficiencia da redución que implique o proxecto (considerando as emisións de GEI por euro invertido): ata 40 puntos.

2) Polas características do proxecto, en particular, pola inclusión do proxecto ou actuación proposta nun plan integral de cambio climático ou pola súa coherencia e/ou contribución á realización dos obxectivos e prioridades establecidas nesta materia así como o grao de aplicabilidade da acción noutras empresas ou ámbitos de actuación: ata un máximo de 20 puntos.

3) Pola redución absoluta, cuantificada en toneladas equivalentes de CO2, que derivaría da execución do proxecto: ata 10 puntos.

4) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema de xestión e auditoría ambientais: 10 puntos no caso de EMAS e 5 puntos tratándose da ISO 14001.

a.2. No caso de investimentos que supoñan unha mellora da calidade do aire e/ou unha redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI:

1) Pola eficiencia da redución que implique o proxecto (considerando as emisións de non GEI por euro investido): ata 40 puntos.

2) Polas características do proxecto, en particular, pola súa calidade, coherencia e/ou contribución á realización dos obxectivos e prioridades establecidas nesta materia así como o grao de aplicabilidade da acción noutras empresas ou ámbitos de actuación: ata un máximo de 20 puntos.

3) Pola redución absoluta das emisións distintas dos GEI, expresadas en quilogramos/ano: ata 10 puntos.

4) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema de xestión e auditoría ambientais: 10 puntos no caso de EMAS e 5 puntos tratándose da ISO 14001.

a.3. No caso de investimentos en materia de contaminación acústica:

1) Polas características do proxecto, en particular, pola súa calidade, coherencia e/ou contribución á realización dos obxectivos e prioridades establecidas nesta materia así como o grao de aplicabilidade da acción noutras empresas ou ámbitos de actuación: ata un máximo de 20 puntos.

2) Polas características do solicitante e o ámbito de actuación: ata un máximo de 20 puntos.

3) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema de xestión e auditoría ambientais: 10 puntos no caso de EMAS e 5 puntos tratándose da ISO 14001.

b) Tratándose de investimentos das empresas solicitantes en materia de xestión dos recursos e dos residuos:

1) Por proxectos que impliquen unha redución do perigo ou da cantidade de residuos perigosos xerados ou que prioricen a reutilización, redución en orixe ou a reciclaxe: ata un máximo de 20 puntos.

2) Polo grao de interese do proxecto presentado, en función do beneficio achegado e/ou contribución á realización das prioridades e obxectivos fixados polo actual marco normativo (en particular pola Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia; DOG n.º 174, do 18 de novembro): ata 20 puntos.

3) Tendo en conta a viabilidade ou continuidade do proxecto ou actuación para a que se solicita a axuda así como a súa aplicabilidade a outras empresas ou sectores: ata 20 puntos.

4) Atendendo ao carácter innovador do proxecto ou actuación presentada: ata 10 puntos.

5) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema de xestión e auditoría ambientais: 10 puntos no caso de EMAS e 5 puntos tratándose da ISO 14001.

c) Para a realización dos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais:

1) Pola situación das instalacións en solo de ámbito rural: ata 10 puntos.

2) Polo risco de vertedura da empresa directamente aos ríos e rías: ata 10 puntos.

3) Tratándose de empresas preto dun entorno natural protexido: ata 10 puntos.

4) Pola cantidade e perigo dos produtos que almacenan, producen e manipulan: ata 10 puntos.

5) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema de xestión e auditoría ambientais: 10 puntos no caso de EMAS e 5 puntos tratándose da ISO 14001.

6) Pola coherencia, calidade e claridade do proxecto así como pola proporcionalidade do orzamento en relación coa actuación proposta, ata un máximo de 10 puntos.

d) Para a implantación e mantemento do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS):

d.1. Tratándose de actuacións encamiñadas á implantación e rexistro no sistema comunitario de xestión:

i) Atendendo ao proceso produtivo da organización e a súa afección ao ambiente:

1. No caso dunha empresa incluída no anexo I da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control da contaminación; no anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental; que desenvolva actividades catalogadas como tipo A ou B no anexo IV da Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera ou que sexa xestor de residuos, de acordo co establecido no artigo 3.n) da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados: ata 30 puntos.

2. Tratándose dunha empresa que, sen resultarlle de aplicación o anterior, estivese incluída no ámbito de aplicación do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios estándares para a declaración de solos contaminados; que sexa produtora de residuos perigosos, de acordo co establecido no artigo 3.e) da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados e que non teña a consideración de pequeno produtor de residuos perigosos, de acordo co establecido no artigo 22 do Real decreto 833/1988, do 20 de xuño, ou que poida ser considerada como envasadora, para os efectos do establecido no artigo 2, punto 12 da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases: ata 20 puntos.

3. No caso de empresas que, non estando incluídas en ningún dos dous apartados anteriores, fosen susceptibles de ocasionar outras afeccións ao medio: ata 5 puntos.

ii) Atendendo á epígrafe na que se encontra incluída o solicitante de acordo co Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009):

• Epígrafes de A a G e Q do CNAE: 30 puntos.

• Epígrafes de H a N do CNAE: 20 puntos.

• Epígrafes O, P, R, S, T e U do CNAE: 10 puntos.

iii) Pola coherencia, calidade e claridade do proxecto así como pola proporcionalidade do orzamento en relación coa actuación proposta: ata un máximo de 20 puntos.

iv) Atendendo ao número de traballadores da entidade xustificado mediante a presentación dos últimos boletíns de cotización á Seguridade Social, modelos TC1 e TC2: 0,5 puntos por cada traballador, ata un máximo de 10 puntos.

v) Tratándose de proxectos presentados por empresas que acrediten dispor dun sistema ISO 14001: 5 puntos.

d.2. Cando se trate de actuacións dirixidas á renovación da inscrición no rexistro EMAS:

i) 5 puntos por cada ano de antigüidade transcorrido desde a implantación do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambientais, ata un máximo de 30 puntos.

ii) Atendendo á epígrafe na que se encontra incluída o solicitante de acordo co Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009):

• Epígrafes A a G e Q do CNAE: 30 puntos.

• Epígrafes H a N do CNAE: 20 puntos.

• Epígrafes O, P, R, S, T e U do CNAE: 10 puntos.

iii) Pola coherencia, calidade e claridade do proxecto así como pola proporcionalidade do orzamento en relación coa actuación proposta, ata un máximo de 20 puntos.

2. Os proxectos localizados nas provincias de Lugo ou Ourense valoraranse con 5 puntos máis de conformidade coa planificación estratéxica contida no Programas Impulsa a favor destas dúas provincias.

3. En todos os casos valorarase con 5 puntos a correcta presentación da solicitude coa totalidade da documentación requirida no prazo establecido no artigo 5, punto 3.º.

4. De conformidade co establecido no artigo 20, punto 2.º, letra l) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, avaliarase con 5 puntos, o emprego da lingua galega na realización das actividades ou condutas para as que se solicita a axuda.

5. Por outra banda, valoraranse ata un máximo de 5 puntos, os proxectos presentados por empresas que acrediten a posta en marcha de políticas que contribúan á promoción da igualdade entre homes e mulleres, á eliminación de todas as formas de discriminación de xénero así como á conciliación da vida laboral e familiar.

6. Á vista das solicitudes recibidas, a comisión de avaliación poderá acordar a agrupación dos proxectos recibidos, atendendo aos grupos de actuacións subvencionables a que se refire o artigo 4 desta orde e asignando a cada grupo unha porcentaxe do crédito, así como a fixación dunha puntuación mínima para acceder á obtención das axudas, o que se fará constar de xeito motivado na acta na que se propoñan as axudas concedidas e os criterios empregados.

7. Para aqueles elementos de valoración que requiran ser acreditados, como poden ser a implantación na empresa solicitante dun sistema de xestión ambiental, a súa antigüidade ou a existencia de políticas de igualdade, deberase achegar a documentación xustificativa pertinente, orixinal ou copia compulsada, que permita constatar o seu cumprimento. De non achegar a dita documentación, non se terán en conta eses criterios a hora de efectuar a súa valoración.

Artigo 11. Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano instrutor do procedemento, revisará as solicitudes recibidas e a documentación presentada. No caso de estar incompleta, conter erros ou non presentar toda a necesaria, requirirase ao solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixese, se poderá considerar desistido da súa petición, arquivándoa sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo resolución que para o efecto se dite.

As solicitudes xunto coa documentación completa requirida serán postas a disposición dunha comisión de avaliación para a súa valoración e informe, segundo os criterios establecidos no artigo 10 desta orde, do cal elevarán a correspondente proposta de resolución.

No caso de consideralo oportuno, e con anterioridade a elaboración da proposta de resolución, poderase solicitar informe das distintas subdireccións xerais da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con competencias nas materias obxecto destas axudas.

A comisión de avaliación estará presidida polo titular da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, ou persoa na que delegue, e integrada polos titulares das subdireccións xerais de Residuos e Solos Contaminados, de Avaliación Ambiental e de Meteoroloxía, ou persoas nas que deleguen, actuando como secretario o titular do Servizo de Xestión Ambiental.

O prazo para resolver será de seis meses dende a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Toda vez que as axudas establecidas nesta orde están sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado CE (DOUE L379, do 28 de decembro), esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión da subvención.

Notificada a resolución da concesión da axuda, os beneficiarios disporán de dez días para a aceptación da axuda. Transcorrido este sen que se producise manifestación expresa entenderase aceptada tacitamente.

Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Recursos.

A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes se o acto fose expreso, ou no prazo de tres meses se non o fose, consonte dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, ou de seis meses se non o fose, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 13. Gastos subvencionables.

1. Serán gastos subvencionables para os efectos das axudas recollidas nesta orde aqueles que cumpran o establecido na Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE n.º 53, do 1 de marzo).

2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:

– Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.

– O imposto sobre o valor engadido así como calquera outro imposto de natureza similar que sexa recuperable. Tampouco se subvencionarán os impostos persoais ou sobre a renda.

– Os gastos financeiros derivados do investimento.

– No tocante a terreos e bens inmobles, serán subvencionables as adquisicións de terreos e de bens inmobles nos que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos do proxecto. Non será subvencionable a adquisición de terreos por importe superior ao 10% do gasto total subvencionable. En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, extremo que deberá acreditarse mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

– Os gastos de persoal propio.

– Respecto dos bens de equipo de segunda man, estes non serán subvencionables cando non se cumpran os requisitos seguintes:

• Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

• O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custe dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

– Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionable.

3. Os gastos derivados da elaboración do informe de auditor, no caso que de conformidade co sinalado no artigo 15 a entidade veña obrigada a súa realización, terá a consideración de gasto subvencionable ata un máximo de 1.500 € por axuda concedida e sempre e cando este custo figure incluído no orzamento presentado coa solicitude de axuda e a entidade non estea obrigada a auditar as súas contas anuais.

4. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade da actuación subvencionable, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultaría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizárase con anterioridade á solicitude.

Artigo 14. Publicidade das axudas.

1. Coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación do Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario ao que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

2. Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 13, punto 4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará na súa páxina web oficial a relación de beneficiarios e o importe das axudas concedidas, expresando, así mesmo, a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen e a finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

3. Non será necesaria a publicación nos supostos previstos no artigo 15.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O beneficiario poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus dereitos no suposto previsto na letra d) do parágrafo 2 do devandito artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. De conformidade co artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán dar publicidade da subvención concedida en toda actividade relacionada co obxecto da subvención.

5. As resolucións de concesión da subvención incluiranse no Rexistro Público de subvencións dependente da Consellería de Facenda, sen prexuízo do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Os datos incorporados a este poderán ser obxecto de rectificación, cancelación e oposición polo interesado.

6. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006.

Artigo 15. Xustificación da subvención.

1. A data límite para dar cumprimento, por parte do beneficiario, da obriga de xustificación da subvención e solicitar o pagamento da subvención outorgada, será o 30 de novembro de 2012.

2. A xustificación requirida axustarase a algunha das formas seguintes:

– No caso de subvencións por importe igual ou inferior a 60.000 euros, no seu cómputo individual, mediante conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto.

– No caso de subvencións superiores aos 60.000 €, no seu cómputo individual, mediante conta xustificativa con entrega de informe de auditor.

3. A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), conterá a seguinte documentación:

a) Solicitude de aboamento efectuada polo beneficiario conforme o modelo que se facilita no anexo IX.

b) Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos en relación, se é o caso, cos indicadores de seguimento e avaliación propostos.

c) Esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento e a remisión de calquera outro material (fotografías, publicacións, etc.) que se considere de interese, acompañarase dunha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

• Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe e a data de emisión. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

• As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento. A data límite das facturas achegadas para a xustificación dos proxectos incluídos nas letras a), b), e c) do artigo 4 será o 30 de novembro de 2012. Para as actuacións sinaladas na letra d) do artigo 4 as facturas terán o seu límite no 30 de xuño de 2012.

• Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, selados pola entidade financeira. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior á de remate do prazo de xustificación da subvención antes referido.

• Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles ou bens de equipo de segunda man.

• Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, se é o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia no primeiro punto desta letra c).

• Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

• Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3.º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario, se é o caso.

d) Unha declaración responsable na que se faga constar que a entidade beneficiaria dispón das licenzas, permisos e/ou autorizacións administrativas exixidas pola normativa para o exercicio da súa actividade así como, se é o caso, para o desenvolvemento do proxecto subvencionable.

4. A conta xustificativa con entrega de informe de auditor, nos termos do establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, antes citado e tendo en conta o seguinte:

a) Non eximirá da remisión da documentación requirida para a conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos a que se refire o punto anterior.

b) O informe deberá estar asinado por un auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

Naqueles casos en que o beneficiario estea obrigado a auditar a súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. No caso contrario, a designación do auditor de contas será realizada polo beneficiario e o gasto derivado da revisión da conta xustificativa poderá ter a condición de gasto subvencionable segundo o recollido no artigo 13, punto 3.º.

c) No tocante ao seu contido, o informe axustarase ao establecido pola Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

d) En particular, o auditor incluirá no seu ditame os requisitos básicos relativos ás normas de elixibilidade do gasto financiado co Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tales como o cumprimento da Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables polo Feder así como a confirmación de que os gastos se realizaron e se aboaron dentro do período subvencionable establecido.

5. Ademais do sinalado, para a solicitude do aboamento da axuda, o beneficiario deberá achegar:

a) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento.

b) No caso de que resulte procedente, achegaranse tamén certificacións de non ter débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Documentación xustificativa de ter subcontratado algunha parte ou a totalidade da actuación subvencionable, no caso que a entidade beneficiaria tivese exercido tal posibilidade.

d) Documentación xustificativa (fotografías, publicacións, folletos, enderezos en internet, entre outra posible) do cumprimento, por parte do beneficiario da axuda, das obrigas de información e publicidade comunitaria a que se refire o artigo 19, punto 5.º.

6. Tratándose de axudas concedidas para a implantación ou mantemento do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambientais (EMAS), requirirase, así mesmo:

a) No caso de traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación e rexistro no sistema de xestión ambiental EMAS, a entidade solicitante acompañará, todo o anterior, da solicitude de inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambientais, segundo modelo que se xunta como anexo V a esta orde, da información requirida no anexo VI para os efectos da inscrición así como dunha declaración de compromiso (anexo VII) de manterse no devandito rexistro durante un período non inferior a cinco anos.

b) Unha declaración ambiental validada polo verificador ambiental así como unha declaración deste sobre as actividades de verificación e validación, segundo o modelo que se achega como anexo VIII.

7. Así mesmo, no caso de investimentos para a redución do ruído deberá presentarse o informe acreditativo de acadar os obxectivos de calidade acústica establecidos na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído realizado por un Organismo de Control Autorizado (OCA) pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Pagamento da axuda.

O pagamento das axudas efectuarase anualmente, con cargo ao exercicio que corresponda, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

Cando o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe, sempre que coa parte realmente executada se poida entender cumprida a finalidade da subvención.

Artigo 17. Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Incumprimento e procedemento de reintegro.

O incumprimento das obrigas asumidas polo beneficiario implicará o reintegro do importe percibido, xunto cos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en particular nos seguintes:

a) Incumprimento da obriga da xustificación ou xustificación insuficiente.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para elo ou ocultando aquelas que a impediran.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas a entidade beneficiaria con motivo da concesión da subvención ou axuda.

e) En xeral, cando se incumpra algunha das obrigas establecidas nesta orde, na resolución de concesión ou nos demais supostos recollidos na normativa reguladora das subvencións.

Artigo 19. Obrigas dos beneficiarios.

1. As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas:

• O 30 de novembro de 2012, as incluídas nos seguintes apartados do artigo 4 da orde:

– Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, apartado 2.º, letra a).

– Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2.º, letra b).

– Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2.º, letra c).

• O 30 de xuño de 2012 as incluídas no seguinte apartado do artigo 4 da orde:

– Implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental-EMAS (art. 4, punto 2.º, letra d).

2. Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde manterán unha separación contable axeitada para os gastos relacionados coa axuda que facilite o seguimento e control da subvención outorgada así como a pista de auditoría.

3. Deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo no que se incardinan estas axudas, tal como se define no artigo 89, punto 3, do Regulamento 1083/2006, do Consello.

4. Segundo o establecido no artigo 15, punto 3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medio audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento de acordo coas normas gráficas aprobadas para o efecto e que se poden consultar no enderezo web: http://www.xunta.es/inicio-identidade-corporativa.

5. Asemade, como beneficiario dunha axuda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, este deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) n.º 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

a) Segundo o exixido nesta disposición comunitaria, o beneficiario vén obrigado ao seguinte:

– No caso que a actuación consista nunha infraestrutura ou en traballos de construción, deberá colocar un cartel no enclave e durante o tempo no que esta se desenvolva que deberá recoller a información a que se refire a letra b) seguinte.

– Ao remate da actuación subvencionada e, no caso que esta consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción, deberá colocar unha placa explicativa permanente ou adhesivo explicativo, visible e de tamaño tal que permita a inserción do tipo e nome da actuación así como a información que se sinala na letra b) seguinte.

b) As medidas de información e publicidade sinaladas deberán incluír os elementos seguintes e que deberán ocupar, como mínimo, o 25% da placa ou cartel:

– O emblema da Unión Europea, de conformidade coas normas gráficas establecidas no Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) n.º 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se poden consultar no seguinte enderezo: http://europa.eu/abc/symbols/emblem/graphics1_es.htm

– A referencia ao fondo comunitario que cofinancia, neste caso coa mención específica de «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional».

– A lenda seguinte: «Unha maneira de facer Europa».

Poden descargase exemplos do anterior e na liña do que se facilita a seguir na páxina da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/logos-comunitarios

missing image file

6. No caso dos beneficiarios de axudas para a implantación e mantemento no EMAS, estes están obrigados a manter en vigor o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental e o seu correspondente rexistro, durante un período mínimo de cinco anos.

7. A percepción definitiva da axuda concedida ao abeiro desta convocatoria vén condicionada ao mantemento, durante un prazo de cinco anos, das circunstancias iniciais tidas en conta para o seu outorgamento e á inexistencia de modificacións substanciais que afecten anatureza do investimento, ao cesamento da actividade ou aos postos de traballo.

Artigo 20. Información e control.

Os solicitantes e beneficiarios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, deberanlle facilitar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental toda a información e documentación complementaria que esta estime precisa para a concesión ou aboamento do importe da subvención.

Artigo 21. Financiamento.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541D.770 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, ata un importe máximo de 5.000.000 €, quedando condicionadas á existencia de crédito axeitado e suficiente por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nos citados orzamentos.

De xeito motivado e para os efectos de dar cobertura financeira ao número de solicitudes presentadas poderase acordar, segundo ás dispoñibilidades orzamentarias do momento, o incremento do crédito inicial establecido nesta convocatoria, tramitando o oportuno expediente orzamentario de xeración, ampliación ou incorporación de crédito, axustándose en todo o previsto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Compatibilidade das axudas.

As axudas que se concedan ao abeiro desta orde terán a consideración de axudas de minimis e réxense polo establecido no Regulamento (CE) n.º 1998/2006, da Comisión relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOCE n.º 379, do 28 de decembro). A axuda total concedida baixo este concepto de minimis por calquera Administración pública a un mesmo beneficiario non poderá exceder de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. No sector do transporte por estrada este importe non será superior a 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Estas axudas serán compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas sempre e cando estas últimas non estean cofinanciadas tamén polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por calquera outro fondo ou instrumento financeiro comunitario e o importe total das axudas non supere, illadamente ou conxuntamente con outras, nin o custo elixible do proxecto, de acordo coa normativa sobre gastos subvencionables nin o custo total da actividade que se vaia desenvolver.

No caso de actuacións ás que lle resulte de aplicación algún regulamento comunitario de exención por categorías, en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE, as subvencións outorgadas ao abeiro desta orde non poderán acumularse con outras axudas se isto da lugar a unha intensidade de axuda superior á permitida pola normativa comunitaria.

Artigo 23. Infraccións e sancións.

O réxime de infraccións e sancións ao establecido nesta orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O procedemento sancionador será o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposición derradeira primeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda.

Delégase no secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde consonte o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 abril de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file