Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15985

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 8 de maio de 2012, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, números 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela, na aula 2, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Segundo se dispón na base II.1.1.3. da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta. Admitiranse as versións consolidadas, aquelas en que figuren notas de vixencia e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Soamente se admitirán os textos publicados en calquera dos diarios oficiais.

O tribunal facilitará calculadoras para a realización deste exercicio, e non se permitirá o uso de calquera outra.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro dispositivo electrónico de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal