Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de abril de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador e de reposición da legalidade (S-2011/026-C), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador e de reposición da legalidade en materia de costas S-2011/026-C, o día 16 de marzo de 2012, formulou proposta de resolución na cal se propón impoñer a Progermar, S.L., en calidade de promotora, unha sanción consistente en multa como responsable da comisión dunha infracción grave, pola realización de obras sen autorización dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de Praia Ladeira, termo municipal de Ribeira (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística