Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012 pola que se fai público o cambio do prego de prescricións técnicas particulares que rexe na licitación do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do servizo en materia de seguridade e saúde nas obras de conservación e explotación das estradas autonómicas da provincia de Ourense, de clave OU/11/036.02. (AT/005/2012).

Con data do 20 de abril de 2012, publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anunciaba a licitación do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario do servizo en materia de seguridade e saúde nas obras de conservación e explotación das estradas autonómicas da provincia de Ourense, de clave OU/11/036.02. (AT/005/2012).

Advertido erro na páxina 7, artigo 9 Dotación de medios para a prestación do servizo, do prego de prescricións técnicas particulares, aprobado o día 9 de marzo de 2012, que se achega na documentación da licitación, substituirase por un novo prego de prescricións técnicas particulares, aprobado o día 20 de abril de 2012.

Porén, tamén se modifican as seguintes datas:

Data límite de obtención da documentación e información: 1 de xuño de 2012.

Data límite de presentación das ofertas: 1 de xuño de 2012.

Data de envío deste anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de abril de 2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas