Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15676

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 18 de abril de 2012 pola que se modifica o nome dun rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares farase mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas, por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

O Rexistro de Produción e Sanidade Agropecuaria de Cabanas (MRR10412), da Consellería do Medio Rural e do Mar, pasou a ser xestionado por persoal administrativo adscrito aos labores dos servizos veterinarios oficiais da comarca de Pontevedra-O Morrazo, pertencentes funcionalmente ao Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar de Pontevedra, e localizados no Centro de Apoio de Cabanas, Salcedo, Pontevedra.

Tendo en conta o anterior e co obxecto de manter a coherencia na organización administrativa, a Consellería do Medio Rural e do Mar propón modificar o nome do Rexistro de Produción e Sanidade Agropecuaria de Cabanas por Rexistro dos Servizos Veterinarios Oficiais da Comarca de Pontevedra-O Morrazo (MRR10412).

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6.º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o nome do Rexistro de Produción e Sanidade Agropecuaria de Cabanas, localizado no Centro de Apoio de Cabanas, Salcedo, Pontevedra, por Rexistro dos Servizos Veterinarios Oficiais da Comarca de Pontevedra-O Morrazo (MRR10412) auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Disposición derradeira primeira.

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza