Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de abril de 2012 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 7 de xuño de 2011, recaída no expediente IU2/107/2010, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 15 de marzo de 2012, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por María Juliana Fernández Cordeiro, contra a Resolución do 7 de xuño de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas abras consistentes na construción dunha edificación composta de semisoto, planta baixa e planta primeira, e dunha edificación con tipoloxía de galpón ou caseta prefabricada, na parcela 570 do polígono 3, no lugar de Vilanova-O Hío, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á citada interesada, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3.ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística