Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 371/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 371/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 371/2011 seguidos por instancia de Carmen Señarís Vázquez, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L., que non comparece e contra Stear, S.A., asistida da letrada Sra. Costoya Novo e contra o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Abajo Lera, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decisión que considerando integramente a demanda formulada por Carmen Señarís Vázquez, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L., que non comparece e contra Stear, S.A. asistida da letrada Sra. Costoya Novo e contra o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Abajo Lera, debo condenar e condeno as empresas codemandadas a aboarlle á demandante a cantidade de 2.224,05 euros, cos xuros moratorios pertinentes. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta carece de recurso en atención á súa contía (artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, polo que unha vez notificada quedará firme en dereito».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Taller de Confección Artextil, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial