Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15525

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de abril de 2012, que modifica a Orde do 23 de decembro de 2009, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Mediante a Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de decembro de 2009 aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisional. O artigo 2 da dita orde, en que se nomean as persoas que compoñen o Consello Regulador, foi modificado desde esa data en varias ocasións, a última delas a través da Orde do 13 de decembro de 2011.

Por outra parte, na reunión do Pleno do Consello Regulador do 16 de marzo de 2012, aceptouse a renuncia de Ana Ledo Fernández e Marcos Cid Cid como vogais dese Consello Regulador, así como a súa substitución por José López Pérez e Susana Jardón Rodríguez, respectivamente.

Por iso, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modificación do artigo 2.º da Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional.

O artigo 2.º da Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, modificado por última vez a través da Orde do 13 de decembro de 2011, queda redactado do seguinte xeito:

« Artigo 2. Nomeamento do Consello Regulador provisional.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia, con carácter provisional ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

– Presidente: José Luís Dadín Rivadas.

– Vogais polo sector produtor:

Begoña Gaute Verdes.

Adalia Fraga Fraga.

Secundino Oural Sanjurjo.

Alejandro Dafonte Liste.

José López Pérez.

– Vogais polo sector de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:

Javier Alvela Edreira.

José Manuel Fraga Prieto.

Álvaro Lis Fernández.

Lorena López Rocha.

Beatriz Rodríguez Vieira.

– Vogais polo sector das industrias de procesado:

Divina Castelo Rey.

Verónica Núñez López.

Susana Jardón Rodríguez.

José Posada González.

Guillermo Díaz Iglesias».

Disposición final.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar