Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15511

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 13 de abril de 2012 pola que se convocan bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os titulados recentes en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e titulados recentes de formación profesional da familia agraria.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 75, do 19 de abril de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14151, onde di: «Artigo 10. Proceso de adxudicación.

1. Para a adxudicación das bolsas de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación, a comisión de avaliación, unha vez publicada a lista definitiva de posibles bolseiros, ordenados segundo a titulación e a puntuación, de maior a menor, convócanse os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con enderezo na rúa Madrid, n.º 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 5 de xuño, ás 10.00 horas da mañá», debe dicir: «Artigo 10. Proceso de adxudicación.

1. Para a adxudicación das bolsas de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación, a comisión de avaliación, unha vez publicada a lista definitiva de posibles bolseiros, ordenados segundo a titulación e a puntuación, de maior a menor, convócanse os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) con enderezo na rúa Madrid, n.º 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 14 de xuño, ás 10.00 horas da mañá».

Na páxina 14151, onde di: «2. Para a adxudicación das bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, convócanse os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) con enderezo na rúa Madrid, n.º 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 7 de xuño, ás 10.00 horas da mañá»; debe dicir: «2. Para a adxudicación das bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, convócanse os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) con enderezo na rúa Madrid, n.º 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 21 de xuño, ás 10.00 horas da mañá».

Na páxina 14158, onde di:

«Prazas e destinos dispoñíbeis para titulados e alumnos de formación profesional

Unidade

Estudos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña)

Ciclo medio de xardinaría e floraría ou ciclo superior de paisaxismo e medio rural

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón-A Coruña)

Ciclo medio de produción agropecuaria ou de traballos forestais e de conservación do medio natural ou ciclo superior de xestión e organización da empresa agropecuaria

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Becerreá-Lugo)

Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural ou ciclo superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo)

Ciclo medio de aceites de oliva e viños

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias (Ribadeo-Lugo)

Ciclo medio de produción agroecolóxica

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Lourizán-Pontevedra)

Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural ou ciclo superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos»

Debe dicir:

«Prazas e destinos dispoñibles para titulados e alumnos de formación profesional

Unidade

Estudos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña)

Ciclo medio de xardinaría e floraría ou ciclo superior de paisaxismo e medio rural

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón-A Coruña)

Ciclo medio de produción agropecuaria ou de traballos forestais e de conservación do medio natural ou ciclo superior de xestión e organización da empresa agropecuaria

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Becerreá-Lugo)

Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural ou ciclo superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo)

Ciclo medio de aceites de oliva e viños ou ciclo medio de produción agropecuaria