Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de deseño, instalación, montaxe e atención de tres stands da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia na feira Alimentaria 2012, que terá lugar en Barcelona do 26 ao 29 de marzo.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, instalación, montaxe e atención de tres stands da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia na feira Alimentaria 2012, que terá lugar en Barcelona do 26 ao 29 de marzo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17087

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 6, do 10 de xaneiro de 2012.

e) División por lotes e número: si, tres lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: anticipada e aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 177.966,11 €, IVE excluído.

IVE (18%): 32.033,90 €.

Orzamento total de licitación: 210.00,01 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

– Lote 1: Pavillón Intervín.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de marzo de 2012.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 116.820,00 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta admitida no procedemento.

– Lote 2: Pavillón Intercarn.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de marzo de 2012.

b) Adxudicataria: UTE Idetecnia, S.L.-Dunas Vivas, S.L.

c) Importe: 37.398,40 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta técnica mellor valorada (deseño, racionalización, distribución e adaptación dos expositores ao espazo feiral dispoñible, calidade do stand e dos elementos e materiais que o integran, incluídos a súa montaxe e acabamento).

– Lote 3: Pavillón Interlact.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de marzo de 2012.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 33.394,00 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica mellor valorada.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.

P.D. (Orde 20.1.2012, DOG n.º 16, do 24 de xaneiro)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar