Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012006 AL-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de febreiro de 2012, a xefa territorial de Sanidade de Ourense ditou acordo de inicio do expediente sancionador n.º 2012006 AL-OU, incoado nesta Xefatura Territorial de Ourense a José Javier Iglesias Pérez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Javier Iglesias Pérez o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sito na avda. de Zamora, n.º 13 de Ourense, e obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de marzo de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

N.º expediente: 2012006 AL-OU.

Denunciado: José Javier Iglesias Pérez.

CIF/NIF: 44657460Q.

Último enderezo coñecido: r/ García Mosquera, n.º/km 17, piso 4, porta A. 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) n.º 852/2004, do 29 de abril, Real decreto 1137/1984.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 100 euros (cen euros).