Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de contratación da concesión para instalación de máquinas expendedoras e explotación do servizo de vending no pavillón deportivo municipal de Bertamiráns.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) A explotación do servizo de máquinas de venda automática (vending) expendedoras de bebidas, sólidos non perecedoiros e outros produtos para usuarios do pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar: pavillón polideportivo de Bertamiráns.

d) Duración da concesión: dous anos, prorrogables por períodos dun ano ata un máximo de catro anos, incluído período inicial e prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Canon mínimo que se aboará ao concello:

– 100 €/ano por máquina.

– 15% da recadación obtida.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 600 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: Praza do Concello s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 39 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.

1. Entidade: Concello de Ames.

2. Domicilio: Praza do Concello s/n, Bertamiráns.

3. Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: Praza do Concello s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de dous días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do Concello.

9. Gasto de anuncios: importe máximo: 1.000 €.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org.

Ames, 22 de marzo de 2012.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde