Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15389

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.

En sesión realizada o día 13 de abril de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011),

Acordou:

Primeiro. Proceder á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. A relación das puntuacións obtidas polos aspirantes recóllese en anexo a esta resolución.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das devanditas puntuacións no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.4. da convocatoria, contra esta baremación as/os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

Base II.2.1.a).1.

Base II.2.1.a).2.

Base II.2.1.b)

Total

76990792-V

Álvarez Figueroa, Sabino

--

--

1,35

1,35

33322813-E

Arias López, María Yolanda

29

--

7

36,00

44844797-H

Vizcaíno Cordido, Vanesa

--

--

--

0,00