Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica ás persoas interesadas que se indican a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-070/10.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 22 de marzo de 2012.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-070/10.

Nome: comunidade hereditaria de José Ramón Maceira Sánchez.

Enderezo: rúa Gaivota, número 7-2.º B, do concello de Vigo, Pontevedra.

Asunto: resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda contra a comunidade hereditaria de José Ramón Maceira Sánchez e demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-85/210, conta 13.

Indicación do contido: acordar a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda da comunidade hereditaria de José Ramón Maceira Sánchez, así como dos demais ocupantes da vivenda situada na rúa Gaivota, número 7-2.º B, do concello de Vigo, Pontevedra, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe, con credencial subscrita e asinada para o efecto polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ao expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicos ou locais.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento aboando o total da débeda no prazo de quince (15) días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou a publicación, e achegando xustificante de estar ao día coa comunidade de propietarios.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).