Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (As-49/2011).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-49/2011.

2. Obxecto do contrato: servizos integrais de limpeza, conserxaría e mantemento do Centro Sociocultural Ágora. Duración: un ano prorrogable por outro máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: 306.700 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2.º.

7. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría b e grupo L, subgrupo 6, categoría a.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 7 de maio de 2012. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de abril de 2012.

P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública