Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15274

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Xerencia de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, do servizo para a realización de ensaios de control de esterilidade do radiofármaco fludesoxiglicosa (FDG) fabricado no Centro de Produción de Radiofármacos PET de Galicia (AB-GLR1-11-010).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. Edificio administrativo Servizo Galego de Saúde, 3.ª planta, San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Económico-Administrativa.

c) Correo electrónico: sara.suarez.fernandez@sergas.es

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

e) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de ensaios de control de esterilidade de radiofármaco fludesoxiglicosa (FDG) fabricado no Centro de Produción de Radiofármacos PET de Galicia.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxase prego de condicións xurídicas.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e aberta.

c) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 86.400 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Orzamento total sen IVE: 43.200.

b) IVE (18%): 7.776 €.

c) Orzamento total con IVE: 50.976 €.

6. Garantías exixidas: provisional (non). Definitiva: si (5% do importe de adxudicación, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Entidade: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

d) Domicilio: edificio administrativo Servizo Galego de Saúde, 3.ª planta, San Lázaro, s/n.

e) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: edificio administrativo Servizo Galego de Saúde, no lugar que se estableza no perfil de contratante: www.sergas.es

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a data e a hora de apertura das ofertas (sobre B) publicarase no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

M.ª Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.