Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade ao acordo en que se dá cumprimento á sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no P.O. 4018/2009, interposto pola comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Pereiras contra a Resolución do 5 de novembro de 2008 pola que se desestimaba o recurso de reposición contra a resolución do deslindamento do monte veciñal en man común de Salgueiras.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, co obxecto de garantir o xeral coñecemento, procédese a dar publicidade ao Acordo do 6 de marzo de 2012 do secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar, no cal se establece a necesidade de dar cumprimento á sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 4018/2009, interposto pola comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Pereiras, contra a Resolución do 5 de noviembre de 2008 pola que se desestimaba o recurso de reposición interposto por Carlos Sánchez Bastos, en nome e representación da comunidade de montes citada, contra a Resolución do 18 de setembro de 2008, na cal se acordaba:

– Revogar a Orde do 4 de xuño de 2004 pola que se aprobaba o deslindamento do monte veciñal en man común Montes de Pereira pertencente á comunidade da parroquia do mesmo nome, no concello de Mos.

– Retrotraer o procedemento á fase procedemental oportuna, isto é, ao momento en que o Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra debe emitir informe sobre as reclamacións presentadas polos interesados.

O contido substantivo do Acordo do 6 de marzo de 2012 a se dá publicidade mediante a presente resolución, é o seguinte:

«Dar cumprimento á sentenza ditada no procedemento ordinario 4018/2009 nos seus propios termos, no senso de deixar sen efecto a Resolución do 5 de novembro de 2008 pola que se desestimaba o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 18 de setembro de 2008 pola que se revogaba a Orde do 4 de xuño de 2004 de aprobación do deslindamento do monte veciñal en man común Montes de Pereira, pertencente á comunidade da parroquia do mesmo nome, quedando, así mesmo, sen efecto a dita resolución de revogación».

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar