Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4023/2012, 4021/2012, P.O. 4026/2012, P.O. 4473/2011, P.O. 4477/2011, P.O. 4022/2012, P.O. 4474/2011 e 4465/2011, contra a Resolución do 12 de xullo de 2011, sobre Orde do 13 de xullo de 2011, de aprobación definitiva de forma parcial do PXOM do concello de Moaña (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4021/2012, interposto por Ramón Coya Sotelo; P.O. 4021/2012, interposto por Adolfo Zuñiga; P.O. 4026/2012, interposto por M.ª Luisa Ferradas; P.O. 4473/2011, interposto por Teresa Vázquez; P.O. 4477/2011, José Rodal Portas; P.O. 4022/2012, interposto por Gabriel Pineiro; P.O. 4474/2011, interposto por Matilde Felisa Caamaña Barreiro; P.O. 4465/2011, interposto por Aislamientos Térmicos de Galicia, S.A., contra a Resolución do 12 de xullo de 2011, sobre Orde do 13.7.2011, de aprobación definitiva de forma parcial do PXOM do concello de Moaña (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data do 15 de marzo de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas