Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14992

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3095/2011 MRA).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 3095/2011 MRA.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 445/2009 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Ahitosa, S.L.

Avogado: José Antonio Pérez Fernández.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Miguel Vázquez Borrajo, Inspección de Traballo, Víctor Adalbert Fabro Salomon, Celso Rodríguez Vázquez, Alejandro Carballo Diéguez, Carlos Montero López, Rubén José Salgado Castro, José Antonio Ledo García, Marcos González Vázquez, Diego Salgado Castro, Adalberto Sandoval Fermín, José Luis Sosa Álvarez, Arlindo Teixeira Baia, Iván González Ramos, Juan Manuel Barros Pérez, José Daniel Quispe Mendoza, Javier González Vázquez, José Nabor Gómez Alonso, Héctor González Sánchez, Alberto López Filardi, José Lorenzo Silva, Arturo Feijoo Otero, Antonio Gómez López, José Antonio Barandela Fernández, José Luis Casado Nieto, Julián Torres Martínez, José Manuel Perera Barandela, Joaquín Moreiras Carou, Breogán Prado Novoa, José Luis Carnero Atanes, Óscar Abad Outomuro, Marcos Rivero Acebedo, Alexander Valentín Sánchez.

Avogado: letrado Seguridade Social, avogado do Estado.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3095/2011 MRA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 445/2009 do Xulgado do Social número 1 de Ourense promovidos pola Inspección de Traballo e Celso Rodríguez Vázquez e outros, sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 19 de marzo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos. Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Ahitosa, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense, do 24 de xuño de 2010, en autos número 445/2009, que confirmamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Fabro Salomon Víctor Adalbert, Montero López Carlos, González Vázquez Marcos, Salgado Castro Diego, López Filardi Alberto, Ribero Acebedo Marcos, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de empramento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial