Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14918

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Logo de advertir dous erros no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 63, do 30 de marzo, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 11303, no artigo 44.1, onde di: «Certificación do órgano competente da corporación local (intervención ou órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade) acreditativa do gasto realizado para o desenvolvemento do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio inmediatamente anterior. Considérase, así mesmo, gasto imputable á citada anualidade o das cotizacións á Seguridade Social correspondentes ao mes de decembro do exercicio certificado, aboadas no exercicio seguinte, sempre que tal aboamento se produza antes do día límite de presentación expresada no artigo 43.1», debe dicir: «Certificación do órgano competente da corporación local (intervención ou órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade) acreditativa do gasto realizado para o desenvolvemento do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio inmediatamente anterior. Considérase, así mesmo, gasto imputable á citada anualidade o das cotizacións á Seguridade Social e facturas correspondentes ao mes de decembro do exercicio certificado, aboadas no exercicio seguinte, sempre que tal aboamento se produza antes do día límite de presentación expresado no artigo 43.1».

2. Na páxina 11313, no artigo 52.5, onde di: «As actuacións que formen parte do pro-xecto anual de servizos sociais comunitarios municipais, obxecto do financiamento regulado neste capítulo, deberán ser realizadas e pagadas polas corporacións locais beneficiarias dentro do exercicio orzamentario corrente. Cando algunha das ditas actuacións non se desenvolva na súa totalidade, por circunstancias que se acreditarán na xustificación do proxecto financiado, os remanentes de crédito que puidesen existir ao remate do exercicio quedarán adscritos ao mesmo programa de actuación de forma improrrogable para o exercicio seguinte», debe dicir: «As actuacións que formen parte do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais, obxecto do financiamento regulado neste capítulo, deberán ser realizadas dentro do exercicio orzamentario corrente e pagadas polas corporacións locais beneficiarias antes da finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 43.1. Cando algunha das ditas actuacións non se desenvolva na súa totalidade, por circunstancias que se acreditarán na xustificación do proxecto financiado, os remanentes de crédito que puidesen existir ao remate do exercicio quedarán adscritos ao mesmo programa de actuación de forma improrrogable para o exercicio seguinte».