Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a información pública o expediente de ampliación de tráficos da concesión V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra, con anexo.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, tramítase o expediente de ampliación de tráficos da explotación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra, con anexo, da empresa Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (edificio administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, n.º 43-1.º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de abril de 2012.

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra