Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de ampliación de tráficos da concesión V-7059; XG- 433, A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, tramítase o expediente de ampliación de tráficos da explotación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7059; XG-433, A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo, con anexos, da empresa Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de abril de 2012.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña