Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14967

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 (DOG n.º 241, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 4 de maio de 2012, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, núms. 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela, na aula 17, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

En relación cos textos legais de que se poderán servir para o desenvolvemento do exercicio, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, excluiranse os libros de consultas, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar se se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinarán a expulsión do/a aspirante.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con calculadoras, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

De se considerar oportuno, poñeranse calculadoras estandarizadas á disposición dos opositores.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal