Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 85/2001).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación I. Recuamento da L.M.T. e C.T. na estrada AC-141 (actual estrada AC-564).

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas: recuamento da L.M.T. aérea EUM-703 Cabanas-Eume (expediente 209/1997) a 15/20 kV, por reforma da estrada AC-141, no tramo entre o C.T. Cabanas (expediente 209/1997) e a derivada a Pía de Home (expediente 51279), nunha lonxitude de 0,071 km, consistente na substitución do apoio n.º 2 por outro de celosía e a instalación dun novo apoio n.º 3 na L.M.T.A. existente, mantendo a mesma traza, con condutor LA-110.

Reforma do C.T. existente non prefabricado Lavandeira (expediente 26980), alimentado da L.M.T.A. EUM-707, consistente na substitución do transformador por un novo de potencia 160 kVA, e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalación de autoválvulas, cambio de cables de entrada, novo cadro de B.T., reparación de caseta de obra civil e instalación dun seccionador XS, no entroncamento da derivada no concello de Cabanas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña