Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14817

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de abril de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo en Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Por Orde desta consellería do 25 de novembro de 2011 (DOG n.º 239, do 16 de decembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto directivo en Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en exercicio das competencias que ten atribuídas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 25 de novembro de 2011 (DOG n.º 239, do 16 de decembro), para os efectos previstos no apartado 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, á persoa que figura no anexo desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a económico- administrativo de Galaria.

Nome e apelidos: Pablo Ponte González.

Centro: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade: Vigo (Pontevedra).