Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14815

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 2 de abril de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada pola Orde do 3 de febreiro de 2012 (DOG n.º 48, do 8 de marzo) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4 da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 3 de febreiro de 2012 (DOG n.º 48, do 8 de marzo).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Ferreras Díez, Fco. Javier.

NRP: 0969146613 A2067.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Gil Pérez, Marta.

NRP: 3495346368 A2060.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Xestión.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: A Coruña.