Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14481

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se resolve a convocatoría pública para a provisión dun posto de xefe de sección de Otorrinolaringoloxía.

De conformidade co establecido no artigo 5.1.º j) da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o director xerente do Hospital da Costa de Burela

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de sección de Otorrinolaringoloxía do Hospital da Costa de Burela, convocado pola Resolución do 26 de mayo de 2011, segundo a publicación efectuada no DOG n.º 140, do xoves, 21 de xullo de 2011.

Segundo. Unha vez analizadas todas as solicitudes presentadas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano convocante, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Burela, 14 de marzo de 2012.

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela

ANEXO

Posto de traballo: (SF-A1-12) xefe de sección de Otorrinolaringoloxía.

Nome e apelidos: José Antonio Fernández Martínez.

DNI: 09378236D.