Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da disolución realizada en virtude de auto xudicial da entidade Torremar Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, esta xefatura territorial dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Torremar Sociedade Cooperativa Galega practicada en virtude do auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 14.2.2012, recaído no concurso abreviado 0000380/2011, sección primeira N, e dáse apertura á fase de liquidación.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Torremar Sociedade Cooperativa Galega, practicada en virtude do auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 14.2.2012, recaído no concurso abreviado 0000380/2011, sección primeira N, e dáse apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña