Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Sarria.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 10/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza do CAPD de Sarria (Lugo).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 12, do 18 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 263.376,00 €, IVE incluído.

5. Formalización.

a) Data: 20 de marzo de 2012.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A-36621464).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 254.718,86 €, IVE incluído.

Lugo, 26 de marzo de 2012.

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo