Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 7/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I recuamento L.M.T. en Tarrío-Finca Torrente.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-715B entre apoios 65/1 e 66/1, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe en paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio n.º 65/1 proxectado tipo C-12/3000 que se intercalará na L.M.T. SBN-715 B, tramo entre a derivada ao C.T. Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao C.T. Escolas Culleredo (expediente 27.398) con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, e final no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio n.º 66/1 proxectado tipo C-12/3000 que se intercalará na L.M.T. SBN-715B, tramo entre a derivada ao C.T. Escolas Culleredo (expediente 27.398) e derivada ao C.T. Liñares (expediente 30.816). Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña