Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 43/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. urbanización Pedra Partida.

Situación: concello de Coirós.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,334 km, con orixe en paso aerosubterráneo proxectado en apoio existente n.º 12 da L.M.T. BEG-707, tramo na derivación ao C.T. Figueiras-A Lapela (expediente 189/98), condutor tipo 2R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no C.T. urbanización Pedra Partida proxectado.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña