Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 204/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Domicilio social: Cardeita, 30, San Martiño de Porto, 15621 Cabanas.

Denominación: L.M.T., C.T. prefabricado de 630 kVA e R.B.T. no Pompal.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

– Liña subterránea de 15 kV, 299 m de lonxitude, coa orixe no C.T. As Modias (IN407A 2002/298) e final no C.T. proxectado.

– C.T. prefabricado cunha potencia de 630 kVA, relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV.

– Rede de baixa tensión soterrada, con catro circuítos de 693 metros de lonxitude total.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña